A partir dos comentarios realizados no foro, faremos unha pequena reflexión sobre o tema “Las TIC en un modelo de educación y sociedad democrática”.
Falando dende unha perspectiva global, o mundo non se caracteriza por cumprir un sistema democrático no ámbito das TIC. Isto provoca unha gran desigualdade entre os países máis desenvolvidos e os máis pobres. Un claro exemplo deste tema é a capacidade que teñen as principais potencias mundiais en tecnoloxía, como Estados Unidos ou Xapón e gran diferenza na que se atopan con respecto a outros países como Somalia ou Nixeria. Estes últimos ademais de non gozar dos privilexios tecnolóxicos que posúen os de maior poder adquisitivo, xeralmente son os produtores ou exportadores de materiais para a fabricación dos mesmos. Este gran problema repercute noutros ámbitos como poden ser o social, os profesional, o académico etc.
No mundo da educación e sen pasar as nosas fronteiras, podemos atopar estas diferenzas mesmo en colexios dentro dunha mesma rexión ou cidade. Mentres uns cantos gozan dunha gran cantidade de recursos tecnolóxicos e desenvolven o seu currículo de educación primaria axudado por estes, outros non posúen estes materiais creando desvantaxes.

Co fin de paliar estas disimilitudes, o Estado debería adoptar un modelo tecnolóxico democrático baseado na intervención dos estados máis potentes economicamente falando no desenvolvemento tecnolóxico nas aulas dos países menos fortes neste ámbito. Desta forma conseguiríamos construir pouco a pouco un mundo que posúa as mesmas oportunidades de xeito global.
Outro aspecto importante dentro das consecuencias negativas que as TIC poden causar é o ciberbullying. Este tema é froito do uso incorrecto da tecnoloxía, especialmente nas redes sociais, mundo no que cada vez os nenos pequenos se adentran dende idades temperás sen unha supervisión parental adecuada. O papel dos centros educativos debe ser a inculcación de valores e de nocións para facer un uso adecuado das TIC, favorecendo a aprendizaxe.
En resumo, na nosa opinión as TIC están presentes en todos os ámbitos da nosa vida, polo que é necesario que evolucionen de forma conxunta. A labor dos colexios é introducir de forma adecuada a tecnoloxía co fin de conseguir que os nenos do presente se formen como adultos íntegros no futuro dentro da sociedade
Ahora vamos a aportar un link bastante interesante sobre este tema en el que encontrarás información adicional que ayudará a tu formación.
http://www.ub.edu/geocrit/ aracne/aracne-211.pdf

Ahora vamos a aportar un link bastante interesante sobre este tema en el que encontrarás información adicional que ayudará a tu formación.
http://www.ub.edu/geocrit/
No hay comentarios:
Publicar un comentario